1 Obxecto

A continuación detállanse os termos e condicións do concurso “Deseño de aplicacións informáticas coa ferramenta Scratch” promovido polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (en adiante, CPETIG) en colaboración coa Amtega e o apoio das asociacións Programamos e Código Octopus, co obxectivo de promover unha aprendizaxe de xeito creativo, o razoamento sistemático e ofrecer un estímulo tanto ao profesorado como ao alumnado para que se acheguen á programación da man de Scratch e buscar a superación tanto a nivel persoal coma colectivo.

Durante o curso escolar, o alumnado en colaboración co seu profesorado poderán deseñar historias interactivas, xogos ou animacións enmarcados na temática “As especies exóticas invasoras (EEI)”.

2 Período de vixencia

O período de vixencia do concurso “Deseño de aplicacións informáticas coa ferramenta Scratch”, no seu conxunto será, desde a apertura do período de inscricións, ata o mes xuño de 2020, no que se publicarán os gañadores do concurso. A data e hora límite de inscrición e entrega de proxectos será o 7 de xuño de 2020 ás 23:59 horas.

O período de vixencia e datas mencionadas poderanse modificar se o CPETIG así o considerase, previa comunicación a través da web na que os participantes se deban inscribir.

Calquera referencia horaria realizada nas presentes Bases entenderase referida o ámbito xeográfico de Galicia (España).

3 Ámbito

O concurso está deseñado para potenciar a participación de todos os centros de ensino de Galicia, se ben poderá participar calquera centro do Estado.

4 Dereito de participación

Poderá participar no concurso “Deseño de aplicacións informáticas coa ferramenta Scratch” o alumnado en colaboración co seu profesorado que cumpran os seguintes requisitos:

  • Que formen un grupo dun máximo de 8 alumnos/as e 1 profesor/a. Cada alumno/a só poderá formar parte dun grupo. Cada profesor/a poderá formar parte de máis dun grupo.
  • Que durante o período habilitado para tal fin, cumprimenten o formulario de rexistro do concurso (Formulario de Rexistro) na web http://aprendoprogramando.cpetig.gal/.
  • Que unha vez rexistrado e antes da data límite de inscrición, presenten a aplicación no estudio do concurso que atopará no enlace https://scratch.mit.edu/studios/26514590/. A aplicación deberá cumprir en todo caso coas seguintes condicións:
    • Deseñarase utilizando a ferramenta Scratch.
    • Deberá ter relación coa temática do concurso.

Como se indicou anteriormente, para que cada grupo participante poida optar aos premios que se describen no punto quinto das presentes Bases, cómpre que os datos que subministre sexan veraces e da súa titularidade. Se polo contrario, o participante facilitase datos falsos ou non fosen da súa titularidade, a súa participación non se terá en conta e polo tanto, quedará excluído do concurso sen posibilidade de optar a premio algún.

5 Valor e natureza dos premios

O presente concurso terá un total de dous premios por cada unha das categorías dos grupos de alumnado participante:

Ver premios

No caso de que algún dos premios para o profesorado sexa un cheque, bono ou similar, entregaranse ao profesorado con compromiso de trocar o seu valor e destinalo ao alumnado.

No caso de que algún dos premios para o profesorado sexa un cheque, bono ou similar, este entregarase ao profesorado que resulte premiado/a.

O CPETIG resérvase a facultade de declarar os premios desertos sempre que considere que a calidade das aplicacións non fose a axeitada.

O CPETIG poderá os premios do concurso en función da incorporación de novos patrocinadores. Calquera modificación dos premios quedará reflectida na web do concurso.

A entrega ou concesión dos premios quedará en todo caso suxeita ao cumprimento dos termos estipulados nestas Bases e, singularmente, á veracidade das garantías e declaracións realizadas polos participantes no formulario de inscrición e da aceptación das presentes Bases, así como ao cumprimento do procedemento de aceptación de premios que se establece máis adiante no apartado seis.

6 Valoración e fallo

Sobre as aplicacións recibidas durante o período de inscrición, o CPETIG realizará unha primeira valoración co obxecto de seleccionar aquelas aplicacións que se axusten ás presentes bases e aos propósitos perseguidos polo CPETIG dentro do mesmo.

Haberá una segunda selección automática dos proxectos a través dunha ferramenta automatizada que ofrece información sobre:

  • Erros de código
  • Grao de desenvolvemento do pensamento computacional.

Esta ferramenta comprobará se nos proxectos entregados existe código que nunca se chega a executar, se a sincronización das personaxes mediante mensaxes é correcta, que se  inicializan de xeito adecuado os atributos dos obxectos, se existe código repetido nos  programas dos distintos personaxes e se o nomeado dos obxectos é significativo.

Ademais, analizando os bloques utilizados nos programas dos proxectos, a aplicación  outorgará un valor entre 0 e 21 puntos en función do nivel de competencia demostrado polo alumnado en relación á capacidade de abstracción, o pensamento lóxico,  a sincronización, o paralelismo, o control de fluxo, a interactividade co usuario e a representación da información.

De entre os proxectos que pasen á seguinte fase, o xurado valorará a orixinalidade, a adecuación ó tema principal, a terminación, o deseño e a usabilidade.

O xurado estará composto por representantes dos patrocinadores, colaboradores e colexiados do CPETIG. O CPETIG poderá designar, a criterio propio,  a calquera outra persoa de recoñecido prestixio, como membro do xurado.

7 Comunicación aos gañadores e finalistas

A notificación dos premios aos gañadores será realizada polo CPETIG durante a semana seguinte á elección dos mesmos no mes de xuño, por teléfono e/ou vía correo electrónico.

Se algún dos participantes premiados non respondera a dita comunicación entenderase que renuncia ao premio. Neste caso o CPETIG poderá decidir se outorga o premio a outro concursante ou o declara deserto.

A relación definitiva dos participantes premiados será publicada a través da web do concurso http://aprendoprogramando.cpetig.gal/

Aos premios do presente concurso, poderalle ser de aplicación a Lei 35/2006 de 28 de novembro pola que se aproba o Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e de modificación parcial das Leis sobre os Impostos de Sociedades; a Orde EHA/ 388/2010 de 19 de febreiro, polo que se aproba a taxa sobre apostas e combinacións aleatorias, auto liquidación, determinase o lugar e forma de presentación e establécense as condicións e o procedemento para a súa presentación telemática e demais disposicións concordantes e ditadas no seu desenvolvemento polo que, no seu caso, corresponderá ó CPETIG a realización do ingreso a conta ou a práctica da retención procedente, do Imposto sobre a Renda de las Persoas Físicas (IRPF).

A valoración en metálico dos premios non superará en ningún caso os 300 euros, polo que salvo cambio lexislativo non está previsto que estean suxeitos a retención a conta de IRPF.

8 Tratamento de datos de carácter persoal

En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e da súa normativa de desenvolvemento infórmase que o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica Informática de Galicia (CPETIG), con CIF Q1500326B, é responsable de ficheiros debidamente inscritos na Axencia Española de Protección de Datos, nos que se incorporarán os datos dos membros dos equipos participantes coa finalidade de realizar o proceso de inscrición, participación, valoración de propostas e concesión dos premios. Esta información será tratada e custodiada a través das medidas de seguridade, legalmente exixibles, de índole técnica e organizativa que garantan a seguridade da mesma, evitando a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado de conformidade co  estado da tecnoloxía e a natureza dos datos e os posibles riscos aos que estean expostos.

O/a profesor/a que forme parte do equipo participante autoriza a que o CPETIG, lle envíe, a través de calquera medio, incluso por correo electrónico ou outro medio de comunicación electrónica equivalente, calquera información sobre eventos relacionados co ámbito do concurso.

Os membros do equipo participante consenten ao CPETIG, o uso dos contidos da aplicación, así como dos seus datos de carácter persoal, incluída a súa imaxe, recabada mediante fotografías e vídeos, para usos promocionais e de difusión do presente concurso incluíndo a súa publicación nas diferentes páxinas web e redes sociais titularidade de CPETIG, sen que dita utilización lle confira dereito algún a ningún tipo de compensación económica.

O/a profesor/a que forme parte do equipo participante será responsable de obter un consentimento expreso e formal para os tratamentos de datos anteriores de cada un dos membros do equipo. No caso de menores de 14 anos, dita autorización deberá ser asinada polo seu pai, nai ou titor/a.

Poderánse exercitar de balde os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e no seu caso de oposición dirixindo un escrito acompañado da fotocopia do DNI ou documento acreditativo equivalente, ao enderezo do responsable do ficheiro,  emprazado no Edificio ETSE, rúa Lope Gómez de Marzoa s/n 15705 Santiago de Compostela, A Coruña.

A autorización para o tratamento da información relacionada nos parágrafos anteriores poderá ser revocada en todo momento polos participantes, mediante comunicación dirixida ao CPETIG. Dado que a mesma é imprescindible para o desenvolvemento do concurso, dita revogación suporá a baixa automática do participante no concurso.

Segundo ao estipulado na Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSICE), non se empregarán os datos recabados pola participación no concurso para o envío de comunicacións comerciais por correo electrónico non solicitadas ou non autorizadas expresa e previamente.

9 Modificación e exoneración das responsabilidades

No caso de que o concurso non puidera  desenvolverse ben por fraudes detectados no mesmo, errores técnicos, ou calquera outro que non estea baixo o control do CPETIG, e que afecte ao seu normal desenvolvemento, o CPETIG reservase o dereito a cancelalo, modificalo, ou suspendelo.

O CPETIG non se responsabiliza de atrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros que poida afectar á participación ou ao desenvolvemento do concurso.

O CPETIG resérvase o dereito a dar de baixa automaticamente calquera participante que defraude, altere ou inutilice o bo funcionamento e transcurso normal e regulamentario do concurso, que realice prácticas impropias para aumentar a súa rendibilidade, tales como o uso de información privilexiada, manipulacións indebidas, etc.., afecte indebidamente a dereitos de terceiros ou utilice calquera tipo de práctica que poida ser considerada contraria ao espírito do concurso.

O CPETIG exclúe calquera responsabilidade por danos e perxurios de toda natureza que debidos á falta temporal de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento da plataforma informática pola cal se pode participar no concurso.

O CPETIG non asume responsabilidade polos atrasos en correos ou nas redes de telecomunicacións respecto a rexistros, envío de datos ou entrega de premios, entre outros.

O CPETIG non se responsabiliza de que os datos das persoas premiadas sexan erróneos ou non se poida contactar con elas por causas alleas ao CPETIG.

Calquera gasto ocasionado pola participación neste concurso ou pola asistencia á entrega de premios será por conta dos participantes, sen prexuízo da colaboración que o Colexio poida prestar para facilitar a participación e asistencia.

10 Aceptación de termos e condicións

A participación no presente concurso supón a aceptación íntegra dos termos e condicións establecidos nas presentes Bases e a submisión expresa das decisións interpretativas que das mesmas efectúe CPETIG. O CPETIG resérvase o dereito de modificar as Bases do concurso parcial ou totalmente en calquera momento. Realizada calquera modificación, esta será posta en coñecemento dos participantes na web do concurso. Calquera incidencia que poida xurdir e que non se reflicta nas presentes Bases será resolta polo CPETIG segundo o seu saber e mellor criterio.

11 Contidos

Cada equipo participante autoriza ao CPETIG a empregar o seu nome e imaxe no material publicitario, en calquera formato, incluído o vídeo, relacionado co concurso, incluído Internet, sen recibir contra prestación algunha.

Os participantes garantirán que as aplicacións e a súa información son achegados voluntariamente ao presente concurso e que non infrinxen dereitos de terceiros ou contan no seu caso con todas as autorizacións necesarias para participar no presente concurso, nin son ofensivos, nin denigrantes, nin incitan a violencia, racismo nin vulneran os dereitos fundamentais nin as liberdades públicas recoñecidas pola normativa aplicable e sobre a protección da infancia e xuventude, nin constitúen nin supoñen unha intromisión na intimidade persoal ou familiar das persoas físicas nin unha violación do dereito á honra de terceiros ou do segredo das comunicacións ou son contrarios á normativa vixente.

Os participantes serán exclusivamente responsables das infraccións causadas ou que se poidan causar aos dereitos de terceiros coa participación das súas aplicacións no presente concurso, e indemnizará aos terceiros afectados e ao CPETIG polos danos e prexuízos nos que incorra polo incumprimento da obrigación antes descrita.

No caso de que o incumprimento recollido no parágrafo anterior implicara unha reclamación ao CPETIG por parte de terceiros por violación de dereitos, a título enunciativo e non limitativo, de propiedade intelectual e/ou industrial, Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos (LOPD), ou calquera outro, os participantes obríganse a resarcir ao CPETIG de calquera gasto que en concepto de indemnización de danos e prexuízos, intereses, peritaxes, honorarios de avogados e procuradores, costas xudiciais ou por calquera outro concepto, tivera que verse obrigado a aboar o CPETIG derivados ou relacionados coa reclamación.

Os participantes, por tanto, manterán indemne en todo momento ao CPETIG ante reclamacións de terceiros e serán responsables asumindo integramente o seu cargo, calquera custo ou carga pecuniarias que puidesen derivar a favor de terceiros como consecuencia de accións, reclamacións ou conflitos derivados do incumprimento das obrigacións establecidas nas presentes Bases.

12 Xurisdición

No caso de diverxencia na interpretación das presentes bases entre os participantes e o CPETIG, ambas partes someteranse, con renuncia a calquera outro foro, aos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela.