O obxectivo deste concurso é ofrecer un estímulo tanto a profesorado como a alumnado para achegarse á programación da man de Scratch e buscar a superación tanto a nivel persoal coma colectivo.

Co inicio do prazo de inscrición e a entrega de premios prevista no mes de xuño de 2018, o CPETIG quere fomentar a participación dos centros escolares galegos. Para poder establecer un fío condutor, os proxectos participantes deberán ter unha temática común, aínda que de amplo espectro, que nesta edición é “Patrimonio cultural europeo“.

 

Para a selección dos proxectos gañadores haberá unha primeira selección de proxectos a través dunha ferramenta automatizada que ofrecerá información sobre os erros de código e o grao de desenvolvemento computacional.Entre os proxectos que se moven á seguinte fase, o xurado pode avaliar a orixinalidade, adecuación ó tema principal, a conclusión, deseño e usabilidade.

Nesta Web atoparás toda a información sobre as bases, premios e calquera información adicional, no caso de ter alguna dúbida poderá solicitarse máis información a través do formulario de contacto. A organización deste concurso conta co apoio de El Corte Inglés e Alvarellos Editora.